viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Bos díassss!!! 🙆

Chegou o momento... hoxe acaba o cole! E faino cargado de sorpresas!

Teño varias cousiñas que vos contar:

- AS NOTAS están publicadas, podedes velas a través do Abalar Móbil.

_____________________________________________________________________

- Hoxe ás 12:00 teremos a última videochamada por WEBEX. (As instrucións están no voso email).
     
______________________________________________________________________

- Tedes unhas sorpresiñas de despedida no blog de MÚSICA:
As CANCIÓNS CONFINADAS (ainda que non participou moita xente, pero vos gustará velo igualmente)
.. e..
a sorpresa máis grande...

 O VIDEO DA VOSA DESPEDIDA DO COLE!!!

Creo que quedou chulo ao final, xa me contades na chamada que vos pareceu! :-)

________________________________________________________________________

- Tedes outra sorpresiña no BLOG DO COLE:   OS VOSOS RECUNCHOS FAVORITOS!!

_______________________________________________________________________

- E.. outra sorpresiña máis de despedida no BLOG DE INGLÉS : as vosas obras de arte!!
Quedaron xenial! :-)

BICOS CHEOS DE SORRISOS

martes, 16 de junio de 2020

Despedida virtual

Olaaa a tod@s!

Acabo de mandarvos un email coas instrucións pra facer a última videochamada este venres ás 12:00.

Esta vez usaremos unha plataforma diferente, así que probadea con tempo.

Tede a man lapis e papel, faremos algúns xogos!!

E xa sabedes... quen queira que veña disfrazad@!! :-)

Recordade que o día 23 de xuño, de 10:00 a 12:00 unha persoa adulta de cada familia de 6º ten que vir ao cole a ENTREGAR material (libro de texto... libros da biblioteca) e tamén recoller da aula o que proceda.

Un biquiño, e ata o venres!

viernes, 12 de junio de 2020

FIN DAS TAREFAS

Booos e marabillosos días clase!!!

Conseguímolooo! Mirade para atrás, cantos días pasaron... e chegamos ata aquí co noso esforzo!
Cada día me demostráchedes que sodes fortes, que podedes con todo e que merece a pena seguir adiante cando formas un equipo. Moitos días déronme ganas de apertarvos moi moi forte.
Rin e chorei lendo e vendo as vosas tarefas, GRACIAS por estar aí, acompañándonos mutuamente neste camiño.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe vai ser o último día que mandemos tarefas polo blog!
Pero tedes ata o mércores que ven pra rematar as tarefas que teñades pendentes e ir enviando.

Coma cada venres tedes actividades de Ciencias Sociais neste blog
e de Plástica no BLOG ENGLISH & ARTS.
Coñecedes a técnica de debuxo con puntiños??? É xenial, podedes crear verdadeiras obras de arte. Entrade no blog de inglés e descubriredes o puntillismo!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

E... esta tarde verémonos as caras virtualmente!!! :-)

Dende as 4 estarei pendente do mail, se tedes problemas ou dúbidas escribide que axiña vos respostarei. Vouvos reenviar AO CORREO EMAIL as instruccións e o enlace onde tedes que pinchar para entrar na nosa SALA VIRTUAL

Vémonos por alí! :-)




SOCIAIS.

Bos días!!!.
Déixovos 5 pregutnas  de sociais de varios temas.

1.Cita tres consecuencias da contaminación.

2.Fai un debuxo cos tipos de colectores que coñezas e mete dentro un residuo que lle corresponda.

3.Lembras as diferenzas que hai entre pesca de altura e de baixura?.

4.Que é unha microempresa?.

5.Con que alcume é coñecida a primeira constitución española?

A ver quen fai pleno e acerta as 5 preguntas!!!.Así demostra que domina todos os temas 😄
Para o alumnado que ten suspensa a materia enviareille algún traballo máis ao correo .
Ó resto  xa só lle queda repasar e ver se ten algo pendente.

Sodes uns alumnos/as fantásticos e foi un pracer darvos clase!!!!.,
Xa nos v veremos un día antes de que empecedes a nova aventura do IES.

Un saúdo!!!!!

jueves, 11 de junio de 2020

Natural-mente

Chegan as últimas tarefas de ciencias naturais!

Vai consistir nunha batería de preguntas sobre os temas traballados do libro. Ánimo traballadores/as!

1. Por que partes están formadas as células vexetais?

2. Por que os ósos son duros e lixeiros á vez?

3. Que función teñen os tendóns?

4. Enumera todos os grupos de animais invertebrados.

5. Que funcións vitais realiza unha planta?

6. Define: especie  /  poboación  /  comunidade biolóxica  /  ecosistema

7. Debuxa unha cadea alimentaria con 4 seres vivos diferentes.

8. Debuxa un aparato reprodutor masculino e outro femenino, e indica as súas partes.

9. Define: masa  /  volume  /  densidade

10. Pensa 3 materiais de orixe vexetal, 3 de orixe animal e 3 de orixe mineral.

11. Explica as 9 propiedades dos materiais.

miércoles, 10 de junio de 2020

VIDEOLLAMADA

¡¡Vamos preparando nuestro encuentro virtual!!

Os acabo de enviar las instrucciones al email, si tenéis cualquier problema escribidme. ¡Estaré atenta!

¡Qué ganas de veros y oiros!


EXERCICIOS DE REPASO.

Bos días!!!.
Estes exercicios de galego serán os últimos que imos publicar,así que tendes ata o día 18 para facelos.

Veña! Que xa non queda nada!!!.

1.Escribe tres verbos da primeira conxugación, tres da segunda e tres da terceira.

2.Escribe o antónimo destas palabras:
Ancho. Atento. Lacazán. Fermosa. Ràpido.


3.Fai unha Descricción dalgún personaxe famoso que che guste.(mínimo 8 liñas).
Lembra falar do seu físico,da súa personalidade, de porque che gusta....



4.Coloca os acentos gráficos nas palabras que o precisen.
Reloxo, camison,hipopotamo,chambon,datil,mesa,Nicolas,Breixo,Aaron,numero,pelota,campestre.


5.Busca catro palabras derivadas de Mar.


6.Escribe tres palabras que teñan o morfema derivativo -EIRO.


7.Escribe unha oración que teña estas dúas palabras  PE/PÉ.


Podedes enviar as respostas a suso_2004@hotmail.es.
Ata o venres!!!😊