viernes, 5 de junio de 2020

Ciencias Naturais: recunchos, repasos e curiosidades

Olaaa meus amoriños!

Son a profe Sandra, como víchedes onte, fixemos un pequeno cambio de materias puntual, así que hoxe tócanos Ciencias Naturais!

Antes de nada quero ensinarvos algo... O viveiro do cole está precioso!!
As nosas landras medraron moito!! Podedes velo no Blog do cole (abaixo no enlace).
Ademáis propoño unha actividade moi sinxela para todo o cole: imoslle mostrar ao mundo enteiro o bonito que é Fornelos: cadaquen buscará un lugar que lle guste, que sexa especial ou bonito e fará unha foto.
Importante: que estea dentro da túa PARROQUIA!



Quentamos cuns xogos de repaso

Imos facer un repaso moi variado facendo uns xogos interactivos. Ao rematar non ides poder enviarme os resultados, é un xogo pra descubrir vós canto sabedes. O que sí podedes facer é escribirme co resultado numérico que sacáchedes.

Empezamos xogando co elemento máis pequeno de vida: a célula!

JUEGO DE CÉLULAS

Continuamos con outro xogo sobre o tema do aparato reproductor. Lémbraste?

JUEGO DE REPRODUCCIÓN

Se vos dá error nalgún momento do xogo, podedes volver a empezar e case sempre xa funciona ben. Sorte!

OS MÚSCULOS

A semana pasada repasamos os ósos, desta volta lembrámonos dos músculos. Veña!

- Abrimos o libro pola páxina 12.
- Debuxamos os músculos cos seus nomes, tanto os dianteiros como os traseiros.
- Tocando as nosas partes do corpo imos localizando os músculos e dicindo os seus nomes en voz alta de memoria.


Responde estas preguntas na túa libreta:

1. Que é un tendón e para que serve?
2. Que son músculos antagonistas?
3. Que é un músculo exactamente?
4. Indica que músculos usarías para...
- Masticar chicle
- Mostrar cara de enfado
- Agacharte a coller un lapis
- Tocar coa man un bolsillo á altura do peito.


Curiosidades naturais

Despedímonos hoxe con este vídeo cheo de datos curiosos.
Elixe DOUS DATOS, os que máis che gusten ou te chamen a atención, e explícamos por escrito na libreta. (Lembra facelo en galego! Terás que traducir o vocabulario do vídeo, que está en castelán. Revisa o teu texto antes de enviarmo :-)





BO TRABALLO, EQUIPO!! 


Vouvos recordar as actividades que tedes doutras materias desta semana:

O mércores chegaron novas actividades no BLOG DE MÚSICA

Onte, coma todos os xoves, tíñades novas actividades no BLOG DE ED. FÍSICA

E hoxe, venres, a profe Ana propón algunhas actividades de plástica no BLOG ENGLISH & ARTS



Que teñades moi boa fin de semana. 

Ciberapertas moi fortes e cargadas de sorrisos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario