viernes, 12 de junio de 2020

FIN DAS TAREFAS

Booos e marabillosos días clase!!!

Conseguímolooo! Mirade para atrás, cantos días pasaron... e chegamos ata aquí co noso esforzo!
Cada día me demostráchedes que sodes fortes, que podedes con todo e que merece a pena seguir adiante cando formas un equipo. Moitos días déronme ganas de apertarvos moi moi forte.
Rin e chorei lendo e vendo as vosas tarefas, GRACIAS por estar aí, acompañándonos mutuamente neste camiño.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe vai ser o último día que mandemos tarefas polo blog!
Pero tedes ata o mércores que ven pra rematar as tarefas que teñades pendentes e ir enviando.

Coma cada venres tedes actividades de Ciencias Sociais neste blog
e de Plástica no BLOG ENGLISH & ARTS.
Coñecedes a técnica de debuxo con puntiños??? É xenial, podedes crear verdadeiras obras de arte. Entrade no blog de inglés e descubriredes o puntillismo!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

E... esta tarde verémonos as caras virtualmente!!! :-)

Dende as 4 estarei pendente do mail, se tedes problemas ou dúbidas escribide que axiña vos respostarei. Vouvos reenviar AO CORREO EMAIL as instruccións e o enlace onde tedes que pinchar para entrar na nosa SALA VIRTUAL

Vémonos por alí! :-)




No hay comentarios:

Publicar un comentario