lunes, 8 de junio de 2020

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

Meus queridiños e queridiñas!

Isto vaise acabando! Imaxino que estaredes un pouco cansos xa das tarefas do blog, así que infórmovos que dende o cole tomamos a decisión de parar de enviar tarefas o día 12 de xuño, é dicir: ista é a nosa última semana de tarefas! Ánimo, que xa nos queda moi pouco!


AS NOTAS

As notas subiranse ao Abalar móbil, como fixemos no 2º trimestre.

A columna do 3º trimestre veredes que quedará baleira, por orde e decisión da Xunta de Galicia.
A columnda de AVALIACIÓN ORDINARIA será unha media do 1º e 2º trimestre, máis a valoración positiva (nunca negativa) do traballo feito por cada un e unha de vós durante este 3º trimestre.

23 DE XUÑO

RECOLLIDA DE MATERIAL NAS AULAS

Para recoller o material das aulas cada curso ten asignado un día.

6º irá ao colexio a recoller e devolver material o día 23 de xuño entre as 10:00 e a 12:00

Este día tamén se fará a:

ENTREGA DE MATERIAL

Lembrade que ese día deberedes DEVOLVER:

- Libros de texto
- Libros da biblioteca que teñades na casa.
Mochila viaxeira 

A día de hoy, as normas e protocolos de actuación só permiten acceder ao centro para este fin a UN ADULTO, permanecendo no edificio o menor tempo posible.


ORLA

Durante este semana pídovos que me mandedes unha foto para confeccionar a vosa orla.

Guía para facer as fotos:

- Que haxa boa iluminación
- O fondo branco (podedes buscar unha parede branca, ou colocar unha tea branca de fondo)
- Que saia a cara e a parte superior do peito
- Comproba que a foto non estea borrosa antes de enviala.

Data límite de entrega: venres 12 de xuño.
Pero... canto antes a enviedes, mellor!

DESPEDIDA

Paréceme importante facer unha despedida e pechar esta etapa dalgún xeito.
Xa que non poderemos facelo presencialmente todos xuntos, propóñovos que fagamos unha xuntanza virtual a través dunha VIDEOCHAMADA este VENRES 12 DE XUÑO ás 17:00.

Noutra mensaxe enviareivos a información sobre como facer a videochamada (este email xa vai moi cargado de información).


Nada máis, imos a por esta última semana de repaso, sodes uns campiones e campionas!!
Estou moi orgullosa do traballo que estades facendo.

Unha aperta enorme!





No hay comentarios:

Publicar un comentario