jueves, 11 de junio de 2020

Natural-mente

Chegan as últimas tarefas de ciencias naturais!

Vai consistir nunha batería de preguntas sobre os temas traballados do libro. Ánimo traballadores/as!

1. Por que partes están formadas as células vexetais?

2. Por que os ósos son duros e lixeiros á vez?

3. Que función teñen os tendóns?

4. Enumera todos os grupos de animais invertebrados.

5. Que funcións vitais realiza unha planta?

6. Define: especie  /  poboación  /  comunidade biolóxica  /  ecosistema

7. Debuxa unha cadea alimentaria con 4 seres vivos diferentes.

8. Debuxa un aparato reprodutor masculino e outro femenino, e indica as súas partes.

9. Define: masa  /  volume  /  densidade

10. Pensa 3 materiais de orixe vexetal, 3 de orixe animal e 3 de orixe mineral.

11. Explica as 9 propiedades dos materiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario