jueves, 19 de marzo de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS!


Queridísimo alumnado de 6º:


Como levades estes días? De corazón espero que esteades ben de saúde e de ánimo, tanto vós como as vosas familias e persoas achegadas. Eu estou moi ben, co optimismo de que todo isto pasará e volveremos a vernos axiña e a darnos apertas enormes. Mentras non sexa así, imos utilizar este blog como lugar de encontro, como unha xanela á que asomarnos para sentirnos conectados, e xuntos/as seguir aprendendo e descubrindo outros mundos tamén. Por iso, cando leades isto, deixade algún COMENTARIO abaixo. Así saberemos que estamos unidas/os


Antes de pechar o cole deunos tempo a levar unha serie de tarefas para estes días, en formato papel, e que seguro que estades facendo. Dende aquí axudareivos a levalas a cabo, e seguir camiñando. Todas as propostas que vos irei deixando por aquí son voluntarias, e non son avaliables. Haberá de todo: xogos, videos, tarefas, retos, etc. 

É momento de reflexionar e pensar POR QUE facemos as cousas que facemos. Podedes elexir facer estas tarefas por curiosidade, por pasar o tempo, porque así mo manda alguén ou porque realmente VOS GUSTA APRENDER.  Está na vosa man a decisión. Confío en que me acompañaredes neste camiño tan diferente, novo e estimulante para vós, e tamén para min. Imos! 😊

3 comentarios:

  1. Holaaa !!! Soy Triana tu alumna Profe yo estoy bien y estoy haciendo los deberes 😘😘😘😘❤️❤️❤️❤️

    ResponderEliminar
  2. ¡Triana! ¡Qué bien encontrarte por aquí! Me alegro mucho de que estés bien y sigas tan trabajadora como siempre. A partir de ahora estamos conectadas. Pronto os daré algunas instrucciones de cómo seguir trabajando en la distancia. Un abrazo muy fuerte.

    ResponderEliminar
  3. Hola profe, que bien que podemos comunicarnos yo ya estoy acabando y también estoy acabando. 😘Muchos besos y espero veros a todos muy prontito

    ResponderEliminar