jueves, 26 de marzo de 2020

Experimentando en casa

¡Bos e soleados días!

De cando en vez lémbrome do prato con auga tintada e sal que deixamos evaporándose na nosa aula, e pregúntome como estará, ¿e vós? Cando volvamos ao cole veremos o resultado do experimento, ¡qué ganas! Pero ocorréuseme que podemos continuar experimentando na casa.

Xa sabedes:

O experimento consiste en utilizar unha das técnicas de separación de mesturas: a EVAPORACIÓN. (Tema 6, páxina 103 do libro de Ciencias Naturais).

Para iso comezaremos creando unha mestura HOMOXÉNEA de auga e sal nunha superficie chá (un prato pode valer).
Poñede pouquiña auga (que cubra toda a superficie e xa) e bastante sal (dúas ou tres culleres das grandes). Logo remexedes despaciño para que a mestura vaia facéndose homoxénea (co tempo o sal diluiráse na auga de xeito natural). Para rematar, se tedes colorante alimentario, podedes botarllo para obter un resultando máis vistoso e se non, sen colorante tamén funcionará. Eu estouno facendo na casa e boteille colorante laranxa, do que se lle bota ao arroz, mesmamente.
Colocades o prato nun lugar que sexa cálido, para que a auga se vaia evaporando: perto dunha ventá, nunha galería. Ten que estar protexido da chuvia directa (esta semana parece que choverá algún día).
E xe é cuestión de esperar un par de semanas para ver o resultado. (Spoiler: a mestura acabará separada, a auga evaporada no ar e o sal cristalizado no prato).

Déixovos unha páxina con información e un vídeo explicativo:
SEPARACIÓN POR EVAPORACIÓN

Facede fotos dos vosos experimentos nas diferentes fases e mandádeas ao correo!

Sorte!



1 comentario: