jueves, 21 de mayo de 2020

Aparato respiratorio

Cu cu! Amencemos con Ciencias Naturais!

Hoxe imos coñecer algúns detalles do aparato respiratorio.


Viches o vídeo? Agora xa podes facer este cuestionario na túa libreta!
Para contestar terás que volver a ver o vídeo as veces que precises.
Tamén podes parar o vídeo onde che interese para recadar a información.

Moita sorte na procura das respostas!


CUESTIONARIO DO APARATO RESPIRATORIO

1. Cando facemos un grande esforzo o noso corpo sufre algunhas alteracións. Sentimos que nos custa respirar, e o noso corazón acelérase. Que nos está pedindo o corpo?

2. Onde empeza o sistema respiratorio?

3. Describe o percorrido que fai o ar (nomea as partes polas que pasa).

4. A comida pasa pola tráquea ou polo esófago?

5. Como se chama a válvula que separa a tráquea do esófago? Que nos permite facer?

6. Que dúas accións nos impide facer á vez esta válvula?

7. Que atopamos no final da tráquea? Que dous elementos une?

8. Cóntame que é o diafragma, onde está e para que sirve.

9. Que son os alveolos? Cantos hai entre os dous pulmóns?

10. Cando exhalamos, ou botamos o ar fóra, de que está composto na súa meirande parte?


1 comentario:

  1. Hola, profe ya hice las preguntas, te las mando por gmail. Un saludo para todos.

    ResponderEliminar