jueves, 7 de mayo de 2020

Estados da materia

Bos díaaas! Como estamos hoxe?

Xa é xoves outra vez! Tedes actividades novas no BLOG ED. FÍSICA
É importante que lle mandedes á profe Lucía vídeos ou fotos das actividades que facedes.

Imos repasar conceptos xerais de Ciencias Naturais.
Espero que vos axude a refrescar a MATERIA.

OS ESTADOS DA MATERIA

1º ACTIVIDADE

Facemos o debuxo-esquema na libreta, ben bonito!


_________________________________________________________________________________

2º ACTIVIDADE


Practicamos un pouco a través do  XOGO ESTADOS DA MATERIA

__________________________________________________________________________________

3º ACTIVIDADE

LABORATORIO DE EXPERIMENTOS:

Imos investigar sobre o cambio de estado das materias a través da auga.
Xa sabemos que podemos atopar auga en estado LÍQUIDO, SÓLIDO ou GASEOSO.

Cada experimento haberá que recollelo por escrito nun traballo onde aparezan todos estes apartados:

1. Título
2. Introdución (que vas facer? que vas demostrar?)
3. Materiais
4. Procedementos.
5. Resultados e EXPLICACIÓN (por que sucede iso?)



1º EXPERIMENTO

Explicación previa

Sabemos que a auga cando ferve evapórase. 
Pero... Por que se forman as nubes se a auga do océano non ferve? Por que se evapora?

Se te fixas...
Nunha pota, antes de que empece a auga a ferver, unha parte do LÍQUIDO xa pasa a GAS.
Podes facer a proba na casa, e observar o que sucede. Por que cres que pasa isto? (pensao).



Agora imos comprobar que o noso corpo tamén ten calor, e transmíteo aos materiais que tocamos.

A temperatura corporal normal (37 grados aproximadamente) é capaz de evaporar pequenas partículas ou moléculas de auga, non fan falla altas temperaturas.
 O noso corpo perde enerxía calórica para evaporar esas moléculas de auga da nosa pel.

Se, ademáis, a temperatura do aire ambiental é frío, a evaporación é máis rápida.
Por iso é recomendable facer este experimento ao aire libre.


Título: Evaporación no dedo

Materiais: Un vaso de auga.

Procedemento: Busca un lugar ao aire libre ou perto dunha ventá aberta, onde poida correr o aire.
1. Molla o teu dedo na auga e despois sácao do vaso.

2. Observa durante un bo rato o teu dedo mollado ao aire libre. Que ves e que sintes?

Resultados e explicación: (escribe aquí que ves, que pasa coa auga do dedo, que sintes no dedo... E MOI MOI IMPORTANTE: PENSA 👉 POR QUE PASA? Que explicación ten?
(consulta a información da explicación previa que escribín arriba).



Preguntas relacionadas con este experimento:  (responder nos comentarios do blogue)

a) Neste experimento quentamos auga líquida, pero, que sucede se quentamos un sólido? 
Pensa no que sucede cando quentas mantequilla. 

b) Usando o que aprendiches explica por que os elefantes en ocasións, botan auga no seu lombo.
(palabras clave para responder: temperatura corporal, evaporación da auga, enerxía…) 




2º EXPERIMENTO

Explicación previa

Xa experimentastes o cambio de líquido a gas (a evaporación) pero este é un proceso reversible:
se enfriamos un GAS o suficiente, pasará a LÍQUIDO mediante o proceso de CONDENSACIÓN.

Ás veces no inverno, cando o coche se pon en marcha se empañan os cristais. Ou mesmo pola mañá, despois do frío da noite, os cristais da casa poden amencer empañados. Que está pasando realmente? Por que de repente hai auga en estado líquido no cristal? De onde ven esa auga? Pensao.

Unha superficie, o bastante fría pode transformar o vapor de auga do aire en líquido.


Título: Microclima nunha bolsa

Materiais: 
  • Unha bolsa de plástico transparente
  • Unha goma elástica
  • Un anaco de tea
  • Auga
Procedemento


  1. Molla a tea con auga e retorce ben para eliminar o exceso de auga.
     
  2. Coloca a tea na bolsa de plástico. Asegúrate de que queda tamén aire no interior da bolsa, hinchada, e péchaa.
     
  3. Deixa a bolsa nun lugar cálido como un radiador ou baixo a acción da luz do Sol durante unha hora. Que observas?

Resultados e explicación:  (escribe que pasa? A auga sufre 2 cambios de estado, terás que explicar os dous).



Preguntas relacionadas con este experimento:  (responder nos comentarios do blogue)

c) Neste experimento enfriamos un gas (vapor de auga), pero que sucede cando enfriamos un líquido?
Pensa no proceso de crear xeo.

d) Como poderíamos facer que as gotas do experimento apareceran máis rápido?
 (pista: ten que ver coa temperatura dun material)

e) Como se forma a néboa? Por evaporación ou por condesación? (ista é moi interesante!)




3 comentarios:

  1. a)se derrite pasa también con el chocolate
    B)porque tiene calor con la piel gruesa se echan para refrescarse.
    María

    ResponderEliminar
  2. Hola profe son Triana:
    A resposta e que as nubes forman se porque se concentran o vapor da auga

    ResponderEliminar
  3. a) Se derrite y pasa a líquido.
    B) Es para controlar la temperatura corporal y aguantar el calor.

    ResponderEliminar