jueves, 14 de mayo de 2020

Naturalmente...

Que tal? Como estamos hoxe?

Hoxe é xoves, tedes actividades novas e super divertidas no BLOG DE ED. FÍSICA

Lembrade enviarlle á profe Lucía vídeos ou fotos das actividades que facedes.

En xeral estades traballando moi ben, e iso aos profes fainos sentir orgullosos, así que seguide así!

Hoxe empezamos cun xogo de Ciencias Naturais no que lembraremos moitos datos sobre os FUNGOS.

Vouvos traducir ao castelán algúns conceptos para que vos resulte máis fácil:
FUNGOS = HONGOS (tamén lle chaman SETAS ás veces)
MOFO = MOHO

CURIOSIDADE: Hai un tipo de FUNGO, os FERMENTOS, que durante esta cuarentena eran moi difíciles de atopar nos supermercados porque a xente os levaba para casa en grandes cantidades. Serven para cociñar moitos productos, sobretodo biscoitos e repostería. Refírome á LEVADURA.

A VER CANTO SABES DE FUNGOS:




Continuamos! Para responder esta ficha podedes consultar o Tema 6 da MATERIA. (Ollo! Esta ficha está en castelán, así que tede coidado e traducide as vosas respostas).


Resumen tema 4 ciencias naturales, una ficha interactiva de LuciaRH
liveworksheets.com


Foi un repaso da materia moi grande! Bo traballo!


2 comentarios: