jueves, 23 de abril de 2020

C. Naturais: Ovo e vinagre

Bos días!

Hoxe imos facer un experimento! Preparádevos!!!
Precisamos ter, un ovo, vinagre, e moita paciencia (porque teredes que esperar 48 horas para ver o resultado!!)

Despois de ver o vídeo enteiro, xa podedes poñervos mans á obra.

Recolleremos a experiencia a través dun pequeño traballo (formato Word, ou na libreta).
O traballo debe conter FOTOS do teu experimento (ou mandarmas a mín por email a parte)

APARTADOS do traballo:
(Escribo o número e título de cada apartado no meu traballo, só o que está en negrita):

TÍTULO (o que ti queiras)
1- Introdución (que vou facer? en que consiste?)
2- Material.  ("Para levar a cabo este experimento vou precisar...").
3- Pasos a seguir. (O proceso constará dos seguintes pasos: 1º Meto un ovo dentro de....etc.)
4- Resultado (que lle sucede ao ovo? que aspecto ten e que pasou coa súa cáscara?)
5- Conclusión (Por que lle sucede iso ao ovo? a explicación está no vídeo.)
6- Valoración do traballo (Valorar algo significa dicir que valor ten para ti, ousexa: aquí podedes dar a vosa opinión, e tamén escribir os problemas que tivechedes no camino... e como os superáchedes).

Espero que o pasedes ben experimentando!!



2 comentarios:

  1. Hola profe soy Anxo y como me gustó el experimento del bueno lo boy a hacer un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Fenomenal!! Recuerda hacer fotos y vídeos de tu experimento. A ver qué tal tu huevo saltarín, trátalo con cuidado no se te vaya a romper antes de tiempo. :-)

    ResponderEliminar