miércoles, 1 de abril de 2020

Canto cantan!

Estes días estou aprendendo moito sobre paxaros, e pensei que, sendo curios@s como sodes, tamén vos podía interesar.

Atopei unha páxina que ten centos de cantos de paxaros. Hai diferentes botóns, podedes escoitar o seu canto, o reclamo ou o seu canto de alarma (os nomes nesta páxina están en castelán).

Podedes ver nesta foto algúns dos paxaros que atopamos en Galicia:


E tamén ESCOITAR e VER algúns paxaros que escollín da páxina. Poño os nomes en galego e en castelán.

Algúns que eu escoitei e recoñecín dende que vivo nesta zona perto de Fornelos de Montes: 

Rula (tórtola) Parécese a una pomba, delgada e elegante. Van en parellas, son moi fieles. De aí ven a expresión "están como tortolitos" que se lles di ás parellas que van sempre xuntas.
Pega (urraca) Atraenlles os obxectos que brillan, no seu niño podemos atopar de todo, ata xoias!
Bubela (abubilla) Unha vez chegou unha á miña fiestra e deume tempo a debuxala e todo!
Carrizo (Chochín) Na Lama hai un lugar que se chama Carrizáns, deben de coñecer ben este paxaro. Gústalle moito os ríos e a auga.

OUTROS PAXAROS CURIOSOS:
Reiseñor (ruiseñor) Ten fama de bo cantante, pero a min non me parece para tanto, que pensades vós?
Cigüeña Este é o son que fai co seu pico. Hai instrumentos musicais que imitan ese son, mirade esta CANCIÓN de Eliseo Parra, un dos meus musicólogos favoritos. Nese vídeo hai instrumentos ben curiosos.
Chorlito Ten a cabeza moi pequena, por iso para amolar a alguén, podemos escoitar "cabeza de chorlito"
Paxaro carpinteiro ou picamaderos.


Contádeme que paxaros escoitades ao saír á vosa fiestra! Están por todos lados!



4 comentarios:

  1. Dende a miña casa escoito moito a pega e o paporrubio. En nada tamén escoitaremos cantar o cuco. Bicos para todos.

    ResponderEliminar
  2. Siii! Eu en Ponte Caldelas todos os días escoito e vexo as pegas, e creo que no meu tellado hai un niño de rulas, son moi cantareiras! Non tedes rulas pola vosa zona?

    ResponderEliminar
  3. Hola profe soy anxo . Los pájaros que tal en mic son el buho , el mirlo y el paparrubio.

    ResponderEliminar