viernes, 3 de abril de 2020

DIARIO VIAXEIRO

Hoxe remata o segundo trimestre por iso propóñovos ir de viaxe.
Non podemos saír de casa pero si que podemos viaxar de outras maneiras.
Faremos unha viaxe virtual a un lugar que sempre quixemos visitar, sos ou en familia.
Se vos animades, á volta de vacacións veremos os vosos recordos da viaxe.
____________________Planificando a viaxe:____________________________
Pode ser dentro de Pontevedra, de Galicia, de España, de Europa ou do planeta Terra.
.................................................................................................................................................................................................................
Cada viaxe debe incluír como mínimo:
- Motivos polo que elixes este lugar,
- Unha explicación do lugar,
- Situación do lugar
- E cousas que alí se poden ver ou facer.
.................................................................................................................................................................................................................
Consellos:
Podedes buscar información en internet, libros, revistas, etc pero non copiedes directamente eses textos, contádeo coas vosas palabras. Recoméndovos dar un paseo por ese lugar usando GOOGLE MAPS, e ampliando a zona. Podedes vivir una experiencia de realidade virtual en sitios moi exóticos. Alucinante!
Podedes adornar o voso diario de viaxe, por exemplo, con fotos, debuxos, vídeos, enlaces, visitas a museos, monumentos, parques naturais, comidas típicas, fauna, como é a música típica, historia do lugar, ou o que se vos ocorra.
.................................................................................................................................................................................................................
Procedemento:
Tedes unha semana para levar a cabo a vosa aventura, e crear un DIARIO VIAXEIRO. Pode ser en WORD ou en PAPEL para quen non teña ordenador. Despois, á volta de vacacións, compartiremos os nosos documentos nominándonos entre nós. Recoméndovos non esperar a ser nominados, ir preparando a viaxe con antelación, non vaiades perder o avión!
Á volta comezarei eu, e cando remate nominarei a seguinte persoa que terá que mostrar a súa viaxe.
Cando esta persoa mande a súa viaxe ao correo, debe rematar dicindo a quen nomina para a seguinte viaxe, eu publicareino no blog, e a persoa nominada deberá enviar a súa viaxe o día seguinte, e así sucesivamente.
Non se pode repetir nominad@ para que tod@s poidamos realizar unha proposta.

BOA VIAXE!



No hay comentarios:

Publicar un comentario