viernes, 3 de abril de 2020

DEBUXANDO: PASO A PASO

Preséntovos a un pintor ferrolano: Leandro Lamas. Para mín é un dos pintores galegos máis especiais, porque ten un estilo moi persoal, un universo propio. Se vedes un cadro del en seguida recoñeceredes ao autor, e iso non é fácil de conseguir. Comparto aquí algún deles, pero podedes buscar máis na rede poñendo o seu nome no buscador.

 Mesmo tamén podedes atopar bolsos, fundas de instrumentos musicais e ata pandeiretas cos seus debuxos estampados.







Pois ben, Leandro, como persoa xenerosa que é, vainos dar unha 
CLASE DE DEBUXO maxistral para todas as idades. Imos PASO a PASO.

PASO 1: folio en horizontal. Marcades as metades dobrando papel un chisquiño, solo para orientarvos. Facede estas liñas moi suaves porque logo desaparecerán
PASO 2: o resto de liñas xa se fan con máis forza. Para medir as dimensión o autor volveu a dobrar o papel, suavemente.
PASO 6: cada quen como queira facer o pelo, gafas, e demáis detalles (na man un pastel, etc).






E xa só quedaría DARLLE COR! Durante o confinamento a xente, por toda Galicia, familias e nenas/os están mandandolle a Leandro os seus debuxos. Vós tamén podedes facelo! Deixovos un debuxo feito por una rapaza de 13 anos. ¡Agardo polos vosos, artistas!






















No hay comentarios:

Publicar un comentario